Anuncio

APERTURA DA CONVOCATORIA PARA O INGRESO COMO PERSOAL LABORAL FIXO EN CORREOS

A oficina de orientación laboral do Concello de Outes informa de que se convoca a cobertura de 4.055 postos de traballo en Correos, como persoal laboral fixo, pertencentes ao Grupo profesional IV, Persoal Operativo. A concreción da oferta dos postos de traballo é de ámbito provincial e poderá incluír postos a tempo completo ou parcial.

Sistema de selección: Concurso-oposición

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 10 de outubro.

Máis información e inscrición na convocatoria www.correos.com/personas-y-talento/#convocatorias-publicas

ou contactar coa orientadora laboral.
Rúa da Capela n.º 13 1º andar (Serra de Outes)
Atención ao público: mércores, xoves e venres
Horario: de 08:00 a 15:00 h