Anuncio

SEMINARIO INFORMATIVO: PROGRAMAS DE XUVENTUDE E MOBILIDADE EN NOIA

A OMIX de Outes informa que o vindeiro día 11 de abril ás 12:30 horas, no concello de Noia e en colaboración co IES Virxe do Mar (Noia), terá lugar no salón de actos de dito centro un seminario informativo sobre os programas de xuventude e mobilidade da FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA, dirixidos á xente moza de entre 16 e 29 anos.

Tódalas persoas que desexen asistir deben confirmar o número de asistentes no teléfono 981 817 000 ou no correo paideia@padrón.es.