Anuncio

CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019.

A resolución pode verse premendo na seguinte ligazón:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190325/AnuncioG0535-200319-0005_gl.html

O prazo para presentar solicitudes é do 26 de marzo ao 25 de abril de 2019, ambos incluídos.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes
Enderezo electrónico: normalizacion@outes.es
Teléfono: 981 85 00 03