Anuncio

PROCESOS SELECTIVOS DA XUNTA E DO SERGAS

O concello de Outes, a través do Servizo de orientación laboral, informa das seguintes convocatorias da Xunta e do Servizo Galego de Saúde:

  • Resolución do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais (DOG do 7 de marzo de 2019). Prazo de inscrición: ata o 30 de abril de 2019.
    Ver anuncio no D.O.G.

  • Orde do 20 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 25 febreiro 2019). Prazo de inscrición: ata o 26 de marzo de 2019.
    Ver anuncio no D.O.G.

  • Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 4 marzo 2019). Prazo de inscrición: ata o 02 de abril de 2019.
    Ver anuncio no D.O.G.

  • Orde do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 11 marzo 2019). Prazo de inscrición: ata o 09 de abril de 2019.
    Ver anuncio no D.O.G.