Anuncio

LISTAS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A oficina de Orientación Laboral de Outes anuncia que a Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2019 pola que acorda a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades.

As persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (ambos inclusive).

Ver anuncio completo