Punto de atención á infancia

DIRECCIÓN: Avenida San Campio s/n
15230 Outes-A Coruña

TELÉFONO: 981850053

HORARIO: De luns a venres de 8:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

O Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Outes é un servizo público de funcionamento diúrno, de carácter gratuíto, e de titularidade municipal para o apoio aos pais, titores e gardadores dos nenos de 3 meses a 3 anos de idade cando concorran circunstancias que lles impidan o seu coidado derivadas de situacións puntuais de necesidade, acceso á formación, acceso ao mercado laboral ou outras de natureza semellante.

O PAI é un servizo asistencial para os nenos que precisen de coidado durante un determinado período de tempo ao día, que ten carácter complementario á rede de centros de atención á primeira infancia existentes. Na actualidade conta con 20 prazas dispoñibles.

Os pais, titores ou gardadores deberán cubrir unha ficha de admisión conforme ao modelo que figura nesta páxina e achegar a seguinte documentación:
  • fotocopia da tarxeta de vacinacións actualizada
  • fotocopia da tarxeta de asistencia sanitaria
  • Autorización escrita das persoas que poden recoller ao neno/a
 Ficha de admisión.
 Regulamento do PAI.