Axenda local

15/06/2018
Gallery imx campamento urbano 2018
Ico noticia NOVA

CAMPAMENTO URBANO 2018

Do 9 ao 20 de xullo celebrarase no Concello de Outes o XXII Campamento Urbano.

As idades dos/as participantes están comprendidas entre os tres  (escolarizados/as) e os dezaseis anos, e o campamento base será no CEIP de A Serra de Outes.

O prazo de inscrición será do 18 de xuño ao 3 de xullo e  farase na Casa da Cultura de Outes.

Ver tríptico