Axenda local

08/05/2018
Gallery img centro social
Ico noticia NOVA

ACTIVIDADES DO CENTRO SOCIAL

O Centro Social de Outes organiza unha serie de actividades para o mes de maio:

FESTA DAS LETRAS

O 13 de maio, ás 19:00 h celebraremos a Festa das Letras con unha conversa entre avoas e netos e as actuacións da coral Francisco Añón, unha representación da Escola de Música Tradicional de Outes e o grupo de pandereteiras do Centro Social de Outes.

EXCURSIÓN Á FEIRA DE VILANOVA DA CERVEIRA

O día 19 de maio. A saída será ás 8:30 h e o prezo do autobús é de 8 euros. As persoas interesadas en ir á excursión deben apuntarse no Centro Social ou no teléfono 981 850 575.