Axenda

Thumb axenda local imx

ACTIVIDADES VERÁN 2018: EDUCACIÓN FAMILIAR: PROGRAMA DE REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR.

O Concello de Outes pon en marcha as actividades para o verán 2018, dentro do programa de redución do abandono escolar, dirixidas a rapaces e rapazas de educación primaria, ESO e tamén a maiores de 18 anos que desexen volver a incorporarse ao sistema educativo.

  1. ESCOLA DE VERÁN: Reforzo escolar para alumnos/as de educación primaria e ESO
  2. APRENDIZAXE POR PROXECTOS : Traballar mediante un proxecto tódalas competencias básicas fomentando hábitos de traballo eficientes: subliñado, facer esquemas, resumos, organización do estudo, etc. Esta actividade vai ser un día a semana para alumnos que cursaron 5º e 6º de primaria
  3. AULA DE ADULTOS: competencias clave e/ou clases preparatorias ESA

As actividades levaranse a cabo dende o 16 de xullo ata o 31 de agosto. As persoas interesadas poderán anotarse nas dependencias do Concello (educadora familiar) ou na Casa da Cultura (Carmela) dende o 15 ao 30 de xuño.

Descargar folla de inscrición