Axenda

Thumb obradoiro memoria 2018

OBRADOIRO DE MEMORIA

O Centro de Información ás Mulleres de Outes organiza un obradoiro de memoria para maiores de 55 anos.

Será os venres 4, 11, 18 e 25 de maio, de 10:00 a 12:00 horas, na Casa da Cultura de Outes.

As persoas que desexen participar neste obradoiro deben apuntarse persoalmente, levando o DNI, no Centro de Información ás Mulleres (Praza do Bosque). O prazo para apuntarse remata o 3 de maio. As prazas están limitadas a 15 participantes e serán asignadas por orde de inscrición.

Máis información:
Centro de Información ás Mulleres de Outes
Praza do Bosque
teléfono: 981 850 949