Axenda

Thumb toponimizate

TOPONIMÍZATE. FALÁMOSCHE DOS NOMES DA TÚA TERRA

O luns 18 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outes, ás 19:30 h terá lugar  unha conferencia a cargo do filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.

Nela falarase de toponimia galega, da propia de cada concello e como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de Topónimos. Tamén se mostrará unha aplicación que lle permitirá á veciñanza colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos e todas poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial que é o noso orgullo.

A toponimia constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía.