Axenda

Thumb pampallin 2017

PAMPALLÍN 2017

Un ano máis, dende o Concello queremos convidar a todos os mozos e mozas de Outes á Festa da Xuventude “Pampallín 2017”, festa coa que se quere agasallar aos máis novos e facervos partícipes deste día, posto que xa dende a máis antiga tradición sodes vos os que tedes o protagonismo.

Este ano actuarán a orquestra Foliada, a Factory Disco- móbil e a charanga BB+.

O 30 de abril a partir das 12 da noite, na rúa do Agro das Mozas.