Axenda

Thumb cartel tinduf

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA: TINDUF, 1991

Na Hamada (deserto pedregoso) de Tinduf, con temperaturas máximas próximas aos 60 graos centígrados, atópanse os campos de refuxiados saharauís. Levan neste terreo inhóspito  dende o ano 1976.

As imaxes desta exposición de José Luis Rodríguez Ruza foron tomadas alí no ano 1991.

Salas de exposicións da Casa da Cultura de Outes, ata o 2 de maio.