Axenda

Thumb cartel documental

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "MAÑANA"

Venres 24, ás nove da noite proxectarase na Casa da Cultura de Outes  “Mañana”, un documental dirixido por Cyril Dion e Mélanie Laurent que incita a cambiar o mundo. Estes directores  propóñennos unha  “road movie” polos cinco continentes buscando ideas e persoas innovadoras, que están cambiando a maneira de facer as cousas –na agricultura, na economía, na enerxía, a política e a educación- e que todos podemos implementar no noso día a día. Foi galardoada co César ao mellor documental no 2016, e non para de obter recoñecementos en cadansúa proxección. O fin último do documental é mobilizar aos cidadáns para que se convertan en axentes do cambio. E parece que se está conseguindo.