Axenda

Thumb magosto

FESTA DO MAGOSTO

O sábado 17 de novembro celebraremos, con castañas e chourizos, a festa do Magosto. Haberá xogos populares para todas as persoas que queiran participar: tiro de corda, aros, zancos... Tamén temos algún trompo, pero quen o desexe pode traer o seu. Todo elo amenizado pola Escola de Música Tradicional do Concello.

Sábado 17 de novembro, de 17:00 a 19:00 h na Horta do Muíño. Se chove, celebrarase no pavillón polideportivo da Serra.

Ver cartel