Taboleiro de anuncios

OBRADOIRO DE EMPREGO “OUTES-NOIA-LOUSAME”- POSTO DE DIRECTOR/A
26/10/2018

O Concello de Outes publica o listado final de seleccionados para a oferta do posto de director/a para o obradoiro de emprego “Outes-Noia-Lousame”.

Ver anuncio

OBRADOIRO DE EMPREGO “OUTES-NOIA-LOUSAME”- SEGUNDA CONVOCATORIA PARA O POSTO DE DIRECTOR/A
24/10/2018

O Concello de Outes publica a segunda convocatoria para a oferta dun posto de director/a para o obradoiro de emprego “Outes-Noia-Lousame”.

Ver anuncio

OBRADOIRO DE EMPREGO “OUTES-NOIA-LOUSAME”- PUNTUACION FINAL PERSOAL DOCENTE E ADMINISTRATIVO
16/10/2018

O Concello de Outes publica as puntuacións finais dos aspirantes a persoal directivo, docente e administrativo do obradoiro de emprego “Outes-Noia-Lousame”.

Ver puntuacións

OBRADOIRO DE EMPREGO “OUTES-NOIA-LOUSAME” - LISTADO FINAL DO ALUMNADO
16/10/2018

O Concello de Outes publica as puntuacións definitivas dos alumnos/as admitidos ao obradoiro de emprego “Outes-Noia-Lousame”.

Ver puntuacións

OBRADOIRO DE EMPREGO “OUTES-NOIA-LOUSAME”
11/10/2018

O Concello de Outes publica as puntuacións provisionais dos alumnos/as admitidos ao obradoiro de emprego “Outes-Noia-Lousame”.

Ver puntuacións

OBRADOIRO DE EMPREGO “OUTES-NOIA-LOUSAME”
11/10/2018

O Concello de Outes publica as puntuacións provisionais dos aspirantes a persoal directivo, docente e administrativo do obradoiro de emprego “Outes-Noia-Lousame”.

Ver puntuacións

OBRADOIRO DE EMPREGO “OUTES-NOIA-LOUSAME”
01/10/2018

O obradoiro de emprego “Outes-Noia-Lousame” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, e promovido polo Concello de Outes conveniado cos concellos de Noia e Lousame.

As persoas que desexen participar no proceso de selección de alumnado deste obradoiro deberán ter solicitado na oficina de emprego algún destes códigos: 340, 320 ou 370.

Ademais, as persoas solicitantes deberán cumprir os requisitos de acceso á formación con certificado de profesionalidade de nivel 2, é dicir, contar co Graduado en ESO, Ciclo Medio ou equivalente, ou ben, ter superadas as probas en competencias clave de nivel 2 ou 3 ou contar xa cun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional (agraria).

Tanto a formación como as competencias deberán estar acreditadas documentalmente na oficina de emprego.

A data de realización do sondaxe na oficina de emprego será o mércores día 3 de outubro.

Para máis información pode contactar co Servizo de Orientación Laboral no teléfono 981 851 094.

Ver bases para a selección do alumnado e persoal do obradoiro