Anuncio

BOLSAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 2017/2018

O Concello de Outes comunica a todos os estudantes empadroados nel, e que estean realizando estudos fóra do municipio, que poden solicitar axudas para o transporte escolar dende calquera punto do concello ata o seu lugar de ensino.  

Para isto, cómpre que sexan ensinanzas non obrigatorias dentro do ensino regrado (ciclos formativos, bacharelato ou universidades) que non estean establecidas no noso concello.

O prazo de solicitude remata o día 30 de novembro.

Máis información na Oficina de Información Xuvenil (Casa da Cultura – Teléfono: 981850950)