Anuncio

CURSO CELGA

O Concello de Outes, a través do Servizo de Normalización Lingüística, oferta un curso Celga 4 para todas aquelas persoas interesadas en presentarse ao exame que terá lugar no verán.

Para anotarse deben facelo  na Casa da Cultura (Bárbara), no teléfono 981850950 ou a través do correo electrónico normalización@outes.es antes do día 12 de abril.

O curso terá comezo o día 18 de abril, sempre e cando se xunte un grupo mínimo de 8 participantes. O horario está por determinar.

Pódese consultar toda información sobre os cursos Celga na páxina web www.lingua.gal