Anuncio

CAMPAÑA DE INVERNO 2019

O Concello de Outes, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, participa no programa “Campaña de Inverno 2019” na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda con 4 prazas.

Consiste na estadía durante catro días, dende o 22/02/2019 ata o 25/02/2019, con aloxamento, clases de esquí, seguros, alugamento de material e calquera outro gasto que ocasionen as actividades programadas. O transporte dende a comarca tanto de ida como de volta tamén está incluído.

Poderán participar os nenos e nenas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), debendo aboar 85 € como cota de participación.

O prazo de recollida de inscricións e documentación finaliza o vindeiro 10 de xaneiro de 2019.

Máis información nas oficinas do Concello.