Anuncio

ESPAZOS DAS FAMILIAS - CURSO 2018/2019

O Concello de Outes pon en marcha a actividade “Espazos das familias” para o curso 2018/2019 dirixida á formación de pais e nais de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e 3 anos (que non estean escolarizados) para dar resposta ás necesidades das familias en grupo e tamén mediante o asesoramento individual e presencial.

O prazo de inscrición está aberto dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro deste ano 2018, podendo anotarse, aqueles que estean interesados, no rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 h a 14:00 h. As inscricións serán aceptadas segundo a orde de entrada no rexistro.

O custo da actividade será asumido na súa totalidade polo Concello de xeito que para as familias será totalmente gratuíta.

Para máis información poden poñerse en contacto coa educadora familiar (Teléfono 981 850 003)