Anuncio

MODIFICACIÓN PUNTUAL DO P.X.O.M. PARA A AMPLIACIÓN DA ORDENANZA DE SOLO INDUSTRIAL NO NÚCLEO URBANO DA RIBEIRA DO FREIXO

Aprobado inicialmente a “Modificación puntual do P.X.O.M. para a ampliación da ordenanza de solo industrial no núcleo urbano da Ribeira do Freixo”, por Acordo do Pleno de data 28.06.2018, de conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará a disposición na sede electrónica deste Concello.

Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada pola modificación. A duración da suspensión é de un máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación.

 Descargar documentación e planos