Anuncio

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2018

O Concello de Outes, en colaboración coa Deputación da Coruña participa no programa “Campamentos Deportivos de verán 2018” para rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano, con tres prazas.

A quenda que lle corresponde ó Concello de Outes é a 4ª quenda, dende o 22 ao 27 de xullo de 2018. As persoas interesadas poderán anotarse nas dependencias do Concello (educadora familiar) ata o vindeiro 15 de xuño.