Axenda local

15/05/2024
Gallery imx certame poesia 15052024
Ico noticia NOVA

XXVIII CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA

O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, celebraremos o acto do XXVIII Certame Francisco Añón de Poesía, onde se darán a coñecer os poemarios premiados deste ano.

Tamén se fará a presentación do libro que recolle as poesías premiadas na XXVII edición e o libro do gañador da categoría F (maiores de 18 anos) “(De)catarse”, de Naila María González Rodríguez.

Acompañará o acto o dúo "Dara e Manuel".

Venres 17 de maio ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Outes.

14/05/2024
Gallery imx actividades centro social veran 2024
Ico noticia NOVA

CENTRO SOCIAL DE OUTES: ACTIVIDADES DE VERÁN

O Centro Social de Outes oferta unha serie de actividades para este verán.

As persoas interesadas en participar en algunha delas deberán anotarse no Centro Social a partir do 15 de maio.

Máis información no teléfono 981 850 575.

 Ver cartel das actividades

14/05/2024
Gallery imx presentacion app
Ico noticia NOVA

O CONCELLO LANZA A APLICACIÓN MUNICIPAL "OUTES INFORMA"

O alcalde, Manuel González, e o tenente alcalde e concelleiro de comunicación, Anxo Núñez, presentaron hoxe a aplicación móbil municipal "Outes Informa". Esta aplicación é un servizo de balde para que toda a veciñanza e asiduos ao noso concello teñan acceso fácil e sinxelo a toda a información municipal de relevancia.

En palabras do alcalde "Esta aplicación supón un salto cualitativo nas comunicacións do concello. Outes informa supón un paso adiante na modernización das canles de comunicación do concello. Servirá para achegar coñecemento a golpe de un click de todos as actividades e procesos administrativos do concello máis tamén enviarlle ao concello as diferentes incidencias e propostas que teña a cidadanía.".

A través desta aplicación poderás ver e recibir notificacións sobre avisos, anuncios e novas municipais. Poderás consultar a axenda de eventos e actividades municipal, visualizar os vídeos dos plenos e roldas de prensa oficiais. Poderás tamén comunicarte directamente co concello para enviarnos propostas ou incidencias.

O tenente alcalde fixo fincapé "Esta aplicación supón un grande avance na comunicación en dous sentidos entre a veciñanza e o concello. Queremos que non quede ninguén sen ter na súa man toda a axenda de actividades e servizos que ofrece o concello así como poder recibir os avisos e novas municipais en tempo real. Damos un paso máis dentro do noso plan de mellor de comunicación que comezamos hai uns meses e que seguiremos ao longo deste ano tamén renovando a páxina web municipal."

Na aplicación Outes Informa podes consultar o listín telefónico dos distintos servizos municipais e outros teléfonos de interese, coñecer máis sobre o noso patrimonio ou obter un listado co comercio local e de proximidade.

A aplicación está dispoñible para a súa   descarga en Android ou IOS (IPhone) 

 Ver o vídeo da presentación

10/05/2024
Gallery imx campamento veran 2024
Ico noticia NOVA

PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

O Concello de Outes organiza, dentro do programa OUTES CONCILIA, o CAMPAMENTO DE VERÁN 2024, que se desenvolverá, en distintas quendas, entre o 25 de xuño e o 10 de setembro.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 16 anos.

As prazas son limitadas e o período de inscrición será do 13 ao 24 de maio.

 Ver cartel

 Ver as condicións da convocatoria

 Ver o documento informativo para a formalización do pago

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

 Documento de renuncia e devolución do pago

09/05/2024
Gallery imx campamentos deportivos 09052024
Ico noticia NOVA

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Concello de Outes informa que xa está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos Deportivos verán 2024 da Deputación da Coruña.

Ao concello de Outes correspóndelle 4 plazas na primeira quenda que transcorre do 23 o 28 de xuño.

As inscricións deben realizarse no concello antes do 28 de maio.

Máis información na web  https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos

 Ver tríptico

07/05/2024
Gallery imx pista padel
Ico noticia NOVA

APERTURA DA NOVA PISTA DE PADEL

O Concelleiro de Deportes, Tono Caamaño, inaugurou onte a nova pista de padel, que xa está aberta ao público previa reserva.

O uso da pista é gratuíto durante esta semana e, a partir do 13 de maio (incluído), a tarifa para a súa utilización será de 10 € por hora e media e 3 € máis se se amplía media hora.

As solicitudes faranse na Piscina Municipal, no seu horario habitual, e a reserva será efectiva ao realizar o pago. Proximamente habilitarase unha app para a xestión das horas.

Máis información no 981 850 165.

07/05/2024
Gallery imx carreira pedestre 2024
Ico noticia NOVA

XV CARREIRA PEDESTRE DE OUTES

A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XV Carreira Pedestre de Outes, que terá lugar o vindeiro venres 17 de maio.

As inscricións estarán abertas ata as 13:00 horas do martes 14 de maio a través da web de cronotec.es

Para as categorías participantes na carreira de 10 km e Carreira Absoluta de 3 Km a inscrición terá un custo de 3 euros; no resto de categorías será gratuíta.

 Ver regulamento da carreira

 Ver cartel

24/04/2024
Gallery captura de tela 2024 04 24 a s 18.47.50
Ico noticia NOVA

O goberno local presenta os orzamentos municipais para o 2024

O goberno local de Outes presentará este xoves no pleno o proxecto dos orzamentos de 2024, que ascenden a 6,1 millóns de euros (un 0,6% máis que os de 2023).

  • Os gastos de persoal supoñen 2,8 millóns (17,5% máis, polas actualizacións salariais e a posta en marcha de servizos novos, como a Escola Infantil Municipal)
  • O gasto corrente é de 2,4 millóns (un 7,3% máis), co que se pretende financiar os servizos ordinarios do Concello. Hai que salientar neste apartadoo incremento na área de servizos sociais, que absorbe preto de 700.000 € así como da área de Deportes, Cultura e Educación, con 512.000 €.
  • Os investimentos ascenden a 622.841,32 €, un 10% do total. Con eles realizaranse actuacións de mantemento de infraestruturas e viario público, particularmente en zonas rurais.
  • En calquera caso prevese que os investimentos que se executaran este ano 2024 superen os 1,5 millóns de euros, unha vez que se incorporen aos orzamentos os fondos do Plan Único da Deputación e doutras administracións como a Xunta de Galicia.


Preme aquí para visualizar o vídeo da presentación

08/04/2024
Gallery imx andainas primavera 2024 web
Ico noticia NOVA

ANDAINAS DE PRIMAVERA: COÑECE O NOSO PATRIMONIO

O Concello de Outes publica o calendario dos roteiros culturais que se desenvolverán esta primavera para coñecer o noso patrimonio da man dun experto.

A inscrición é obrigatoria e abrirase o luns previo a cada andaina. Pode facerse cubrindo o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou premendo aquí.

Tamén podes facelo na Casa da Cultura.

 Ver cartel

Ver vídeo de presentación

07/03/2024
Gallery imaxe concello
Ico noticia NOVA

UNHA NOVA IMAXE PARA UN CONCELLO VIVO

Esta mañá o alcalde, tenente alcalde e o deseñador gráfico local, Ismael Calvo, presentaron a nova imaxe institucional e manual corporativo do Concello de Outes.

 

Trátase dun plan de comunicación gráfica que facilitará e mellorará a comunicación da administración pública coa cidadanía. O novo deseño traslada os elementos principais do escudo oficial cara unha linguaxe visual simplificada e atractiva. Na rolda de prensa tamén se anunciou que nos vindeiros meses se publicarán as seguintes melloras no eido da comunicación:

  • Elaboración dunha nova páxina web máis accesible, sinxela e eficaz
  • Creación dunha nova aplicación móbil para o acceso a información da cidadanía e a comunicación directa co concello para trasladar propostas e avisos

O manual de identidade pódese consultar na páxina web do concello:  https://www.outes.gal/gl/imagen_institucional

 Ver vídeo da presentación