Axenda local

07/05/2024
Gallery imx pista padel
Ico noticia NOVA

APERTURA DA NOVA PISTA DE PADEL

O Concelleiro de Deportes, Tono Caamaño, inaugurou onte a nova pista de padel, que xa está aberta ao público previa reserva.

O uso da pista é gratuíto durante esta semana e, a partir do 13 de maio (incluído), a tarifa para a súa utilización será de 10 € por hora e media e 3 € máis se se amplía media hora.

As solicitudes faranse na Piscina Municipal, no seu horario habitual, e a reserva será efectiva ao realizar o pago. Proximamente habilitarase unha app para a xestión das horas.

Máis información no 981 850 165.

07/05/2024
Gallery imx carreira pedestre 2024
Ico noticia NOVA

XV CARREIRA PEDESTRE DE OUTES

A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XV Carreira Pedestre de Outes, que terá lugar o vindeiro venres 17 de maio.

As inscricións estarán abertas ata as 13:00 horas do martes 14 de maio a través da web de cronotec.es

Para as categorías participantes na carreira de 10 km e Carreira Absoluta de 3 Km a inscrición terá un custo de 3 euros; no resto de categorías será gratuíta.

 Ver regulamento da carreira

 Ver cartel

24/04/2024
Gallery captura de tela 2024 04 24 a s 18.47.50
Ico noticia NOVA

O goberno local presenta os orzamentos municipais para o 2024

O goberno local de Outes presentará este xoves no pleno o proxecto dos orzamentos de 2024, que ascenden a 6,1 millóns de euros (un 0,6% máis que os de 2023).

  • Os gastos de persoal supoñen 2,8 millóns (17,5% máis, polas actualizacións salariais e a posta en marcha de servizos novos, como a Escola Infantil Municipal)
  • O gasto corrente é de 2,4 millóns (un 7,3% máis), co que se pretende financiar os servizos ordinarios do Concello. Hai que salientar neste apartadoo incremento na área de servizos sociais, que absorbe preto de 700.000 € así como da área de Deportes, Cultura e Educación, con 512.000 €.
  • Os investimentos ascenden a 622.841,32 €, un 10% do total. Con eles realizaranse actuacións de mantemento de infraestruturas e viario público, particularmente en zonas rurais.
  • En calquera caso prevese que os investimentos que se executaran este ano 2024 superen os 1,5 millóns de euros, unha vez que se incorporen aos orzamentos os fondos do Plan Único da Deputación e doutras administracións como a Xunta de Galicia.


Preme aquí para visualizar o vídeo da presentación

08/04/2024
Gallery imx andainas primavera 2024 web
Ico noticia NOVA

ANDAINAS DE PRIMAVERA: COÑECE O NOSO PATRIMONIO

O Concello de Outes publica o calendario dos roteiros culturais que se desenvolverán esta primavera para coñecer o noso patrimonio da man dun experto.

A inscrición é obrigatoria e abrirase o luns previo a cada andaina. Pode facerse cubrindo o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou premendo aquí.

Tamén podes facelo na Casa da Cultura.

 Ver cartel

Ver vídeo de presentación

07/03/2024
Gallery imaxe concello
Ico noticia NOVA

UNHA NOVA IMAXE PARA UN CONCELLO VIVO

Esta mañá o alcalde, tenente alcalde e o deseñador gráfico local, Ismael Calvo, presentaron a nova imaxe institucional e manual corporativo do Concello de Outes.

 

Trátase dun plan de comunicación gráfica que facilitará e mellorará a comunicación da administración pública coa cidadanía. O novo deseño traslada os elementos principais do escudo oficial cara unha linguaxe visual simplificada e atractiva. Na rolda de prensa tamén se anunciou que nos vindeiros meses se publicarán as seguintes melloras no eido da comunicación:

  • Elaboración dunha nova páxina web máis accesible, sinxela e eficaz
  • Creación dunha nova aplicación móbil para o acceso a información da cidadanía e a comunicación directa co concello para trasladar propostas e avisos

O manual de identidade pódese consultar na páxina web do concello:  https://www.outes.gal/gl/imagen_institucional

 Ver vídeo da presentación

01/02/2024
Gallery imx certame poesia 2024
Ico noticia NOVA

XXVIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

O Concello de Outes, comprometido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, organiza o XXVIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 1 de abril.

 Ver bases

20/11/2023
Gallery imx ec4rural
Ico noticia NOVA

EC4RURAL: PROMOVENDO A PARTICIPACIÓN RURAL NA TRANSICIÓN CARA AS ENERXÍAS LIMPAS A TRAVÉS DAS COMUNIDADES ENERXÉTICAS

O Concello de Outes está a participar, xunto con outros 21 concellos galegos, no piloto do proxecto EC4RURAL, que ten como finalidade promover a participación rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas.

A iniciativa pretende afondar e axudar ao cambio de modelo enerxético, imprescindible no actual escenario climático, e ao mesmo tempo crear e impulsar as comunidades enerxéticas nos municipios rurais para contribuír á transición cara as enerxía limpas nas zonas rurais europeas.

Os socios deste proxecto son a Universidade de Vigo (coordinador), a Federación Galega de Municipios e Provincias (España), a Fundación Juana de Vega (España), Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas (España), Sapiens Enerxía (España), Association of Estonian Cities and Municipalities (Estonia), Tartu Rexional Energy Agency (Estonia), European LEADER Association for Rural Development (Bélxica), Estonian LEADER Union (Estonia) e a University of Tartu (Estonia)

O proxecto, que conta cun orzamento de 1,58 millóns de euros (dos cales algo máis de 700 mil euros serán mobilizados en Galicia), está cofinanciado polo programa europeo LIFE e comezou a executarse en setembro de 2023 e rematará en agosto de 2027.

Para saber máis,  picar aquí

Animádevos a participar cubrindo a seguinte  enquisa sobre o proxecto

10/10/2023
Gallery whatsapp image 2023 11 16 at 15.52.36
Ico noticia NOVA

En Outes, en galego: no comercio e no deporte

O servizo de normalización linguística do concello de Outes desenvolveu nestes días a campaña de En Outes, en galego para a normalización da nosa lingua nos eidos comerciais e deportivos. Nesta ocasión, repartíronse bolsas de tea co motivo e concienciouse ao tecido comercial do concello para empregar o galego en todalas comunicacións, petos deportivos e charlas para o uso do galego no deporte.

21/09/2023
Gallery imx actividades 23 24
Ico noticia NOVA

ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2023/2024

O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2023/2024.

  Ver folleto de actividades

As inscricións nas actividades deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.

  Folla de inscrición nas actividades de cultura e deportes

 Folla de inscrición nas actividades dos centros sociais

19/09/2023
Gallery imx actividades deportivas 23 24
Ico noticia NOVA

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

O Concello de Outes informa da apertura de inscricións para as actividades deportivas para este outono-inverno.

 Ver cartel

 Folla de inscrición