Novo logo
Idioma: Ico gal Ico es Contacto

Axenda

25/04/2025
Gallery imx campamento veran 2025
Ico noticia Axenda

CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2025 do Programa “Outes Concilia” desde as 9:00 horas do 28 de abril ás 14:00 horas do 12 de maio. Un total de 320 prazas, distribuídas en 6 quendas, estarán dispoñibles para as familias.
23/04/2025
Gallery imx carreira pedestre 2025
Ico noticia Axenda

XVI CARREIRA PEDESTRE DE OUTES

A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XVI Carreira Pedestre de Outes, que terá lugar o venres 17 de maio de 2025 a partir das 10:00 horas, con saída e chegada na Praza de Galicia.
22/04/2025
Gallery imx pampallin 2025
Ico noticia Axenda

PAMPALLÍN 2025

Xa temos cartel para o Pampallín deste ano que, ao igual que as edicións anteriores, será na Praza de Galicia.
09/04/2025
Gallery imx proxecto recordos outes
Ico noticia Axenda

RECORDOS DE OUTES: PROXECTO DE RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

O Concello de Outes pon en marcha unha campaña de recollida de fotografía antiga que teña como escenario o noso concello, co obxectivo de crear un arquivo audiovisual.
03/04/2025
Gallery imx charla alimentacion 03042025
Ico noticia Axenda

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: CHARLA

O Concello de Outes organiza unha charla sobre alimentación saudable coa que se pretende comezar un ciclo de actividades ao redor da alimentación, nas que iremos aprendendo todos os aspectos que se relacionan e interactúan de cara tentar acercarnos a unha alimentación saudable.

Tempo

Anuncios

06/05/2025

BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE TRACTORISTA/SERVIZOS MÚLTIPLES PARA O CONCELLO DE OUTES

O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición e a data de celebración do segundo exercicio para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de tractorista/servizos múltiples no Concello de Outes.
06/05/2025

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: REGULAMENTO

Aprobado definitivamente o regulamento da Escola Infantil Municipal de Outes, Anexo I das normas de funcionamento da Escola Infantil Municipal de Outes, por Acordo do Pleno de data 27 de febreiro do 2025.
05/05/2025

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA

O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as logo de rematado o prazo ordinario para solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2025/2026.
Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aquí.